PDF [ AQUÍ ]

TRAMA #2 | reflexión // contrainfo

Retomamos este proxecto de difusión con novas enerxías, coa intención de sacar entre 3 e 5 números ao ano. Sen excesiva regularidade nos tempos, ao pulso do que vaia acontecendo e dos debates nos que consideremos que merece a pena incidir.

A idea é achegar de xeito accesíbel aportes críticos e noticias ao noso entorno máis inmediato, mais non necesariamente só da realidade galega. Parécenos moi inspirador partillar infos de movementos sociais e experiencias de autonomía doutras latitudes.

Achegas para dixerir con calma, saíndo do medio líquido e saturado de internet. Ademáis, ao medio impreso vémoslle a vantaxe engadida de que permite saír da burbulla cibernética que se construe arredor de cada unha e chegar materialmente a espazos e persoas alleas aos ghettos polítizados.

Se queres que cho fagamos chegar en papel, ou para colaboración con difusión, aportacións (non necesariamente orixinais), traduccións, ou o que sexa: praxe[a]riseup.net

*para imprimir: en A3, paxinado tipo folleto (e dóbrase á metade)