A 4ª e a 5ª Revolucións Industriais

“Unha das características desta cuarta revolución industrial é que non cambia o que estamos a facer, senón que nos cambia a nós.”

Klaus Schwab, fundador e presidente executivo do Foro Económico Mundial, que creou un Centro para a Cuarta Revolución Industrial en San Francisco, Estados Unidos.


Unha revolución industrial é un acontecemento económico, social, filosófico e político no que a elite se apropia do que é libre -terra, natureza, aptitudes, relacións sociais, habilidades e soños- e os reempaqueta e transforma en axentes dentro do mecanismo do beneficio e o poder. Para iso, prívase á meirande parte da poboación de autonomía, de autodeterminación, de autosuficiencia, de autoestima, de apoio e relacións mutuas, e de liberdade.

Tivemos tres revoluciones industriais nos últimos 250 anos. Agora estamos inmersxs na cuarta e quinta revolución. Todas estas revolucións baseáronse fundamentalmente nas industrias de extracción e na devastación do ecosistema.

A Primeira Revolución Industrial ocorreu entre 1760 e 1870 cando a auga e o vapor se empregaron para mecanizar a produción mediante a máquina de vapor, que tamén tivo un efecto de “globalización” ou deslocalización a raíz do ferrocarril. A Primeira Revolución Industrial rompeu a relación da xente coa natureza, dando paso á era das cidades. A Segunda Revolución Industrial ocorreu entre 1870 e 1914 e trouxo a enerxía eléctrica ao mundo occidental, xunto co aceiro, o petróleo e o motor de combustión, permitindo a produción en masa e erradicando as industrias artesanais. A Terceira Revolución Industrial comezou no decenio de 1980 cando a electrónica e a tecnoloxía da información automatizaron a produción e comezaron a descentralizarse a medida que a ascensión da revolución dixital acabou “democratizando” a computadora persoal e Internet, un acontecemento que erosionou aínda máis a xa decadente relación da humanidade occidental co mundo natural, e entre os propios seres humanos, xa que os cidadáns pasaron a formar parte dunha comunidade mundial en lugar dunha local que estaba a desaparecer rapidamente. A Terceira, e máis a incipiente Cuarta Revolución Industrial, crearon soidade sistemática, aillamento, problemas de saúde mental xeneralizados, e unha dependencia máis sutil e completa do sistema. Cando as relacións humanas e as redes familiares xa non se pode garantir que aseguren a nosa supervivencia, fáisenos crer que a dependencia da máquina si pode.

Estas sucesivas revolucións industriais consolidaron e aprofundaron esta ruptura, non só co mundo natural para moitos dos habitantes do planeta, agora urbanos e dependentes dos mecanismos da cultura civilizada; senón que tamén conduciu a unha brecha cada vez maior entre ricxs e pobres. O obxectivo da Cuarta Revolución Industrial (4RI) é a converxencia das tecnoloxías físicas, biolóxicas e dixitais no propósito dunha nova visión da humanidade e o planeta. A 4RI, tamén chamada Ciberfísica ou Industria 4.0, implica conectividade masiva, intelixencia artificial, robótica, acceso ao coñecemento a través de Internet, almacenamento e veículos autónomos, poder de procesamento masivo mediante a 5G, impresión en 3D, nanotecnoloxía, biotecnoloxía, xenética, bioimpresión (fabricación de células, órganos e partes do corpo), extensión da vida, realidade aumentada, ciencia dos materiais, almacenamento de enerxía, computación cuántica, e a Internet das Cousas (IoT), como edificios e cidades intelixentes, blockchain e cripto-moedas. Estas son tecnoloxías “disruptivas” en todos os sentidos: goberno, finanzas, loxística, sociedade, ontología humana. O cumprimento tamén se logra a través do apelo da 4RI á nosa necesidade de “conveniencia, comodidade, harmonía e pracer”. Isto é o que significa un mundo de tecnoloxía “sen fricción”, no sentido dun mundo tecnificado.

Neste novo mundo, a Covid-19 representou para a tecno-elite a maior oportunidade. Poboacións globais ailladas fisicamente entre si, sendo mesmo permitido nalgúns países o sacrificio tácito de seres humanos que son unha carga para un sistema que non os necesitará. Sumado a unha dependencia total da tecnoloxía para comunicarse, traballar ou entreterse; e ao uso destas tecnoloxías para instituir a vixilancia e a conformidade masiva a unha escala até agora inimaxinábel. Nun contexto de extensión a extensión a escala masiva do medo e experiencia dunha morte máis inminente do habitual.

Tamén nos amosou algunhas verdades: que a pesar de douscentos anos de “progreso” o que realmente aconteceu é que a elite só asegurou as súas propias provisións; que os sistemas de benestar público foron practicamente destruídos; que a humanidade mesma “desacoplouse” tanto da natureza que, de feito, non podemos manternos durante unha crise sen o sistema; e que as promesas da elite -xa sexan políticas, económicas ou tecnolóxicas- nunca se cumpren.

Se a 4RI é o establecemento dos medios, -as novas tecnoloxías en si mesmas-, que as elites tratarán de utilizar para facer fronte á inestabilidade resultante da desigualdade dos recursos, do colapso climático, e do incremento da potencia computacional e postindustrial; entón a Quinta Revolución Industrial (5RI) comeza nese punto no que hai unha aceptación masiva destas novas tecnoloxías que converxen dentro dos nosos corpos, entornos e realidades até tal punto que o mundo das máquinas estea sempre presente, mesmo nunha nanoescala ou no máis afastado confín que acaden os humanos no espazo.

Por iso, se se fai calquera investigación básica no 5RI, só se atopa o green-washing capitalista sobre o chamado “desenvolvemento sustentable” e a “mellora da vida de todo o mundo”, palabrería de marketing dunha tecno-utopía. Iso é porque os tecnócratas e as elites non queren que se coñezan as verdadeiras realidades destes desenvolvementos tecnolóxicos ata que sexa demasiado tarde para facer algo respecto diso. O progreso tecnolóxico, dinnos, é “inevitábel”. A 5RI introducirá cambios conceptuais tan grandes en canto a como vemos os nosos corpos, a tecnoloxía e o “mundo natural” que moitas distincións comezarán a ter menos límites. Para as “antiguallas” humanas coma nós, que só pensan nas próteses como unha resolución das discapacidades, a 4RI proporciona a tecnoloxía, e pronto tratarán de desenvolverse membros mellores que o orixinal. A 5RI non se trata só de estender e refinar as tecnoloxías e incursións da Cuarta, trátase de blanqueala, de facer que o público se posicione a favor desas tecnoloxías aplicando a súa propaganda aos máis básicos instintos humanos. A 5RI é a aceptación de que o membro robótico-cibernético é superior ao orgánico, e o desexo do artificial sobre o orgánico e caótico.

Encadrado nunha nova realidade evolutiva de artificialización total, e a medida que a tecnoloxía artificialmente intelixente se miniaturiza, intervindo en todo o que está ao alcance dos especialistas, consecuencia lóxica da realidade da 4RI é unha visión dunha nova Terra e dunha nova “humanidade”. Unha “Humanidade+” que vive dentro dun mundo-prisión dependente da “enerxía verde” e regulada e intervida por funcionarios, científicos e tecnócratas a través de métodos como a I.A., a biotecnoloxía e a nanotecnoloxía. Se a 4RI é a emerxencia real e o desenvolvemento converxente destas novas tecnoloxías postindustriais, entón a 5RI parte da acelerada taxa de desenvolvemento e da aceptación masiva dese mesmo complexo tecno-industrial. A 5RI caracterízase por unha velocidade exponencial sen precedentes (tempo-máquina) en contraposición á lineal/non lineal (tempo-humano), o que significa que mesmo os deseñadores e enxeñeiros sociais deste “mundo feliz” admiten que non poden controlar o resultado destas novas tecnoloxías. Tende á aparición de algo aínda máis horroroso que o Skynet ficticio da serie Terminator. A Singularidade Tecnolóxica.

Ray Kurzweil escribe en The Singularity is Near que “É difícil pensar en calquera problema que unha superintelixencia non poda resolver ou polo menos axudarnos a resolver. Enfermidades, pobreza, destrución do medio ambiente, sufrimentos innecesarios de todo tipo: son cousas que unha superintelixencia equipada con nanotecnoloxía avanzada sería capaz de eliminar”. Engade que “As máquinas poden reunir recursos de maneiras que os humanos non poden”. Lendo estas afirmacións, é difícil pensar en calquera problema que non podamos resolver con nosa propia intelixencia e a intelixencia do planeta mediante medios máis simples, determinación e un cambio de perspectiva e comportamento. Ademais, é obvio que os humanos son bastante capaces de reunir recursos, é simplemente que aqueles que os posúen e se benefician de todo néganllos a todxs xs demais pola forza, e xs demais consínteno. Elixir non cambiar a situación e non loitar contra o “futuro” é unha posición que a maioría adoptará.

Así é, despois dun século de progreso tecnolóxico e de promesas de solucionar a fame no mundo e erradicar a contaminación, uns poucos son ricos máis aló da comprensión, mentres que as masas seguen loitando por unha existencia básica; os avances médicos e mesmo os medicamentos comúns seguen sendo escasos en moitos países. Naturalmente, lánzansenos baratijas para manternos caladxs: Internet, teléfonos intelixentes, aplicacións, redes sociais, xogos de computadora, transmisións en vivo e podcasts, próteses e promesas de máis por vir. Pero os avances reais non se distribuirán de forma máis equitativa que a riqueza das anteriores revolucións industriais, e é probable que os avances reais teñan que ser padecidos por nós: vixilancia total nun futuro sen privacidade, esixencias de control mental total, conformidade total, cumprimento total, mediante o condicionamento, a dependencia social, o civismo, a “comunidade” e sistemas de beneficios como un (mínimo) ingreso básico universal.

Se unha revolución industrial non pode satisfacer o suficiente as necesidades da humanidade para ser plenamente aceitada, ou ben borra esas necesidades ou se aplica a si mesma pola forza. No contexto das 4IR e 5IR, as cualidades das que carecen actualmente as máquinas – empatía, amor, intimidade, por exemplo – son as mesmas que se atopan deterioradas no ser humano polo propio complexo tecno-industrial. Desde o medo á intimidade e ás relacións “en tempo real” que resultan do uso dos medios de comunicación social, até a falta de empatía que agora se sabe que é inducida por fármacos como o paracetamol e os velenos nos nosos sistemas de alimentos e auga (e despois dirase que a tecnoloxía satisfai verdadeiramente as nosas necesidades – adecuadamente modificadas). Escravxs domesticadxs e brutais dun sistema mecánico de materialismo, cobiza e interese propio.

Isto é parte do dominio do mundo das máquinas: falan de solucionar as discapacidades e curar as enfermidades cando queren dicir mecanización dos corpos; falan de alongar a vida cando queren dicir imposición da norma permanente da elite. Mentres que os tecno-sacerdotes se crecen co discurso en torno á liberación dos nosos corpos orgánicos (a prisión biolóxica) mediante o upload da nosa conciencia, logrando así a inmortalidade, e convertendo os corpos en meras “cubertas” a ser intercambiadas cando queiramos ou necesitemos, o que realmente está a suceder é que os corpos da maioría están a ser convertidos en prisións literais polos poucos que realmente se beneficiarán dos avances na prolongación da vida e o control das enfermidades, tal e como o fan agora (os sistemas de saúde pública, con financiamento insuficiente, están na súa maioría equipados coas tecnoloxías máis antigas e baratas e, para moitos, os sistemas de saúde pública non están dispoñibles en absoluto). Pero é que estas novas tecnoloxías transhumanistas non están destinadas a liberar a todo o mundo.

A pesar das mentiras dos futuristas, a implantación destas tecnoloxías ampliará o abismo entre os incluídos e os excluídos. Crearanse cidades de poder, que estén máis lonxe que nunca da ira da poboación base. E a medida que o corpo se converte en materia prima para un novo sector da biociencia, nun mundo no que as máquinas farán a maior parte do traballo, o propio corpo humano converterase noutra reserva de Capital, sometido a novas formas de explotación e industria. De feito, xa está a acontecer. Coa investigación en células nai, empalme de xenes, bio-enhancers, novos produtos farmacéuticos, próteses, a análise masiva de ADN e celular e a creación de bases de datos, … o eu soberano e privado simplemente entrará nun novo reino de valorización, mercantilización, axuste e división social sen fin ao servizo do Capital, a bio-vixilancia, a soberbia e a desigualdade. Na 4RI, a sociedade de consumo vai moito máis fondo e escuro que as compras de cousas. O fin da Industria 4.0 é “desacoplarnos” dos nosos propios corpos e da nosa comprensión de nós mesmos como parte dunha biosfera e un biorritmo, de modo que eles tamén sexan vistos como algo que comprar, mellorar e “arranxar”, un conxunto sempre manipulable e intercambiable de partes mecánicas que poden ser todas fabricadas artificialmente e substituídas a un custo, e promovidas como posuidoras de mellores calidades que a base orgánica. Un ser artificializado que, unha vez que entrou no templo da tecnoloxía é sempre dependente e sostido por farmacéuticos, cirurxías, tecno-psiquiatrías, “actualizacións”, dispositivos e corporacións.

O futuro tecnolóxico do corpo humano pode que non sexa a morte (para aqueles poucos que poden permitirse o luxo de ser inmortais), pero será a letalidade, a famenta, fría e escura morbilidade sen vida da plantación.

Mentres tanto, a Terra segue morrendo e os desenvolvementos tecnolóxicos, lonxe de proporcionar as solucións que anuncian, están a destruíla a unha velocidade cada vez maior, famentos de materiais, electricidade e terras raras. As terras raras necesarias para os teléfonos intelixentes por si soas están a causar danos incalculables ao medio ambiente e á saúde humana.

Baotou, en Mongolia Interior, é un centro primario de extracción de terras raras e as minas están rodeadas de residuos tóxicos (refugallos da minería), en gran parte de torio radioactivo. No Congo, é ben sabido que a extracción do mineral de terras raras Coltán devastou e causou un sufrimento inconmensurable á terra, ás comunidades humanas e á vida silvestre. A empresa mineira Molycrop, de California, gosta de presentarse como unha empresa mineira ética, pero a súa extracción de neodimio para utilizalo como imáns de altofalantes, de europio para crear cor nas pantallas dos iPhones e de cerio que se utiliza xunto con disolvente para pulir as pantallas, segue sendo unha pillaxe a unha escala insustentable de material que debería quedar na Terra e que require que extensións enteiras da natureza sexan feitas estragos para a creación das minas. Na actualidade, non hai escapatoria dunha constatación básica: a tecnoloxía depende da destrución dos ecosistemas, incluídos os últimos animais salvaxes e as comunidades indíxenas, coas poboacións humanas civilizadas cada vez máis confinadas en “hábitats” tecnolóxicos – megacidades smart.

Haberá fendas cada vez máis pequenas nas que vivir, e as nosas redes e as nosas vidas individuais estarán baixo un escrutinio moito maior cunha invasión máis íntima da nosa soberanía e autonomía. Pero será máis ou menos terrible do que sería para unha campesiñx no pasado verse forzada a abandonar as súas terras e entrar nunha fábrica nas novas cidades? Ou a loita que os pobos indíxenas libraron e seguen librando en todo o mundo?

A nosa tarefa é tentar preservar o que podamos da fráxil e minguante terra salvaxe, organizando e levando a cabo ataques que golpeen non só á infraestrutura, senón tamén aos símbolos e representantes do Estado, a Tecnoloxía e o Capital. Temos que pensar e prepararnos agora, adquirindo as habilidades e os medios que nós e outrxs necesitaremos para navegar este novo mundo e reflexionar sobre o que significa ser anarquista. Temos que tratar de limitar o dano feito polas civilizacións depredadoras, para manter viva a memoria combativa e lembrar por que é para que estamos a loitar. Enfrontámonos nada menos que ao intento de borrar a vida salvaxe non domesticada, e ao fin de formas enteiras de pensar e de ser a través do condicionamento social, a represión, a participación coercitiva e voluntaria. As estruturas seguirán sendo as mesmas: desigualdade sen fin, escravitude, privilexio e opresión, autoritarismo, destrución, mediación e alienación.

Haberá fendas nos seus sistemas, sempre as hai. E así a anarquía, a vontade de liberdade e a vontade de soberanía, tamén seguirán prosperando, empuxando desde cada fírgoa e fisura. A continuidade da loita radica, de acordo coa súa propia axenda, na cuestión da liberdade, da autonomía persoal, da escravitude, do control e a vixilancia dxs moitxs por parte dxs poucxs. Estas cousas non cambian, non importa se estamos a falar dunha Primeira Revolución Industrial, da cuarta ou da que sexa.

Célula de Investigación e Adestramento – N.T.

[traducido do artigo “The 4th and 5th industrial revolutions”, do número 12 da revista 325]