NON ESTAMOS SEGURAS DO QUE ACABA DE PASAR…

[pdf en galego aquí]    [pdf en castellano aquí]

Dun día para outro (literalmente), o goberno comunicou o perigo dun novo virus do que fóra notificada a súa existencia dous meses atrás polas autoridades chinas. O Estado Italiano comezara a dar conta algunhas semanas antes dunha propagación fóra do común de dito virus. Con certa lentitude tendo en conta a situación en Italia, a partir do 9 de marzo, o Estado Español comezou tamén a tomar medidas excepcionais.

Sucedéronse unhas longas semanas de confinamento obrigado nas nosas casas (as que temos a sorte de ter casa, claro). Semanas nas que asistimos á reproducción constante nos medios das dificultades ás que estaba levando a crise sanitaria, soubemos de grande cantidade de mortes nas residencias de anciás, asistimos a unha presenza policial e militar nas rúas como non se tiña coñecido…

Agora, que xa semella que todo iso vai rematando, queremos facer un repaso dalgunhas cuestións que non nos cadran a respeito da resposta do Estado Español -ampliable en moitos puntos a outros Estados-, esforzados en lexitimar as súas medidas como a única posibilidade de actuación. O tema é complexo e existe unha grande difusión de información non confirmada, polo que trataremos simplemente de concretar as lagoas que lle vemos á versión oficial da maneira máis exacta e accesible posible.

 

Desde o punto de vista dos datos de mortalidade:

-O número de mortes que o goberno califica de “confirmadas” por COVID-19 é de 27.125 (a data de 31/05). Non está claro se esta cifra distingue claramente qué mortes se produciron realmente “por” coronavirus, das que se produciron “con” coronavirus (É dicir, por outras causas -incluída a gripe común- pero en persoas que deron positivo ao test). Parece razonable preguntarse por esta distinción dado que o 80% das persoas test-positivas permanecen libres de síntomas (para personas de 70-79 anos este porcentaxe baixa ao 60%).

-Por outro lado, un dato que semella claro é o do “Centro Nacional de Epidemiología” (dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación), que notifica 43.018 mortes por exceso sobre as que eran estadisticamente esperadas entre as datas do 13 de marzo e o 22 de maio de 2020 (momo.isciii.es)

-A diferencia entre estas dúas cifras (15.893 mortes) pode deberse:

· a mortes non confirmadas por coronavirus en residencias de anciáns: algunhas persoas denunciaron que houbo unha grande cantidade de mortes nas residencias e outros centros sociosanitarios non contabilizadas como confirmadas por falta de tests

· pero tamén podería corresponderse nalgunha medida con mortes relacionadas co pánico e o dano ocasionado polas propias medidas da alerta sanitaria: desatención doutras patoloxías non tratadas por medo a acudir aos centros sanitarios, aplicación incorrecta de protocolos sanitarios, falta de condicións saludables para a poboación, …

Dado que a idade media das persoas falecidas por coronavirus se encontra entre os 78 e os 80 anos, cumpre valorar qué efectividade tuveron as medidas de confinamento de toda a sociedade para a prevención da poboación máis envellecida. E especialmente nas residencias de anciás, os centros nos que semella que houbo unha maior concentración de mortes por coronavirus. Tamén cumpre preguntarse pola influencia que o enorme grado de sobremedicalización que afecta particularmente ás persoas maiores pode ter sobre a resposta deste segmento da poboación á enfermidade. En concreto o emprego extensivo de medicacións depresoras do sistema respiratorio (antipsicóticos como haloperidol para “tratar a axitación”, analxésicos opioides…), de medicamentos que reducen as defensas (unha grande proporción dos medicamentos usados de maneira crónica, sobre todo ao ser usados en combinación)… Tamén é notábel que é o segmento da poboación máis aderido ás campañas de vacinación da gripe.

Na nosa opinión, o control dunha pandemia nas residencias e na poboación maior en xeral, non se beneficia do peche de toda a sociedade, nen do aillamento das usuarias nos seus cuartos, como frecuentemente aconteceu, nen moito menos do discurso de “guerra contra o virus” que empregan o Estado e os medios… Medidas que sí que conveñen co medo e o pánico, actitudes que diminúen substancialmente a capacidade de resposta do organismo ante a enfermidade, e van en detrimento dunha reacción sanitaria proporcionada e adecuada; e por isto arriscan a desencadear un abandono das persoas maiores, xa marxinadas e sobremedicalizadas. Ademais, en moitos casos non está claro se estas persoas realmente morreron por coronavirus ou por tensión extrema, medo, soidade e desatención de necesidades básicas e doutras patoloxías.

 

Desde o punto de vista das probas e os datos científicos sobre o novo coronavirus:

-Estímase que entre o 5 e o 15% das afeccións respiratorias agudas -datos de antes da pandemia- se producen por virus de tipo coronavirus, co cal estes diferentes coronavirus circulaban xa na poboación (particularmente na temporada de gripe), e os nosos organismos en grande medida terían xa desenvolvido anticorpos contra diferentes virus desta familia. Polo tanto, e tendo en conta o tempo récord co que foron aprobadas, parécenos razonable preguntarnos sobre a exactitude e fiabilidade das probas diagnósticas empregadas, e se puidera ser que estuveran respondendo tamén a outros tipos de coronavirus que xa estaban aí. Isto implicaría, entre outras cuestións, que as mortes por gripe común desta tempada puideron estar atribuíndose ao novo virus.

Ademáis é necesario preguntarse sobre a cuestión dos casos asintomáticos. Sabemos que existen infeccións asintomáticas por outros microorganismos, e que teñen un certo grao de contaxio. Pero dadas as dúbidas que existen cos tests aplicados, non sería posible que estes “casos asintomáticos” fosen simples positivos dun test incorrecto? Ou, xa que de maneira xeral se considera que o grao de transmisión é maior cando os síntomas son máis notables, podería ser que a transmisión asintomática non tuvera a mesma significatividade?

 

Por isto, e especialmente debido a que a maioría das persoas non temos un coñecemento directo da afectación da pandemia, consideramos URXENTES as seguintes medidas:

*Que o goberno e as administracións autonómicas poñan todo o empeño en aclarar os datos e a información dunha maneira rigurosa, outorgando ás cifras a súa xusta relevancia. Entre outros datos é necesario que se aclare o número de mortes ocasionadas por gripe común (que nas pasadas tempadas foron de 15.000 en 2017/18, e de 6.300 na 2018/19); e que desde marzo 2020 puideron estar contabilizándose como atribuídas á nova enfermidade. Necesitamos saber qué utilidade real tuveron as medidas do confinamento, que conlevaron numerosas situacións de extralimitación policial e xudicial, e que se faga unha valoración de qué posibles perxuízos sanitarios puideron levar asociados, incluindo o obstáculo que puideron supor para o desenvolvemento da inmunidade poboacional.

*Tamén consideramos necesario preguntarnos sobre os efectos sanitarios do tratamento mediático que os medios de masas e o goberno deron á pandemia, xa que o pánico xenerado repercutiu nun dano por diferentes circunstancias asociadas: desatención doutras patoloxías, particularmente na poboación máis maior (ademáis a máis perxudicada polo coronavirus), malestar psicolóxico, etc. O discurso do medo e da guerra só fomenta o pánico e a adesión irreflexiva ás políticas oficiais.

*Ademáis, cremos necesario tamén que se faga unha valoración pública dos protocolos sanitarios seguidos nos hospitais durante a pandemia. Esiximos que teña lugar na toma de decisións das autoridades sanitarias o punto de vista de entidades, profesionais da mediciña e investigadorxs que teñan unha visión diferente da oficial. Como por exemplo: Wolfgang Wodarg, Sucharit Bhakdi, John Ioannidis ou a recentemente creada asociación MSHFD.org. O único antídoto contra os posibles riscos de delegar nos “expertos” asociados a eventuais intereses das industrias privadas, é contemplar diversidade de puntos de vista e socializar a formación e a información.

*Que se valore o impacto na resposta inmune da polimedicación á que están sometidas grande cantidade de persoas, especialmente nos segmentos máis envellecidos da poboación; e o efecto que a propia vacina preventiva da gripe común puido ter nas persoas que desarrollaron síntomas máis fortes.

*Que se deroguen as leis que permiten a privatización e o desmantelamento da sanidade pública (Ley 15/97 e o artigo 90 da “Ley General de Sanidad”)

*Que mascarillas, vacinas, e toda medida preventiva e de tratamento, debido aos eventuais efectos negativos que podan ter na saúde, sexan unha decisión persoal informada, e que o goberno custee a totalidade de ditas medidas preventivas.

*Que a OMS deixe de ser o estándar para a toma de decisións sanitarias, dado o elevado grado de financiamento provinte de corporacións privadas (60%) e de gobernos abertamente dictatoriais.

Asimesmo, expresamos tamén:

-A necesidade de que se suspendan as Ordes da Xunta de Galicia que permiten tramitar proxectos ambientalmente agresivos durante o estado de alarma, e de ser necesario, se revirtan as tramitacións

-A nosa oposición a toda medida de rastrexo e trazabilidade das persoas e de todo certificado de inmunidade, por atentar contra as liberdades básicas

-A nosa desconfianza de toda vacina de mecanismo xenético, por interactuar con sistemas particularmente sensibles da nosa bioloxía sobre os que non se ten a certeza do seu funcionamento

EN CONCLUSIÓN, precisamos transparencia cos datos por parte das autoridades, por tratarse dun tema particularmente complexo e importante. A valoración dos riscos que pode entrañar un novo virus só se pode facer a partir de datos epidemiolóxicos sobre a poboación. Un virólogo por exemplo, pouco pode dicir sobre a perigosidade do virus en ausencia destes datos, aínda que poda aportar información sobre a súa estructura, maneira de reproducirse, etc. Pensamos que a información epidemiolóxica necesaria para esta valoración do risco real que entraña o novo coronavirus pode estar sesgada polos erros de diagnóstico e pola propia resposta desde o pánico; que poden estar ocasionando unha incorrección no plantexamento con graves contrapartidas sociosanitarias, políticas e económicas. Precisamos saber se as medidas de restricción das liberdades que se aplicaron co obxectivo de conter a pandemia foron adecuadas. Precisamos saber qué foi o que fixo que o Estado Español (entre outros) cambiaran dun momento a outro a súa posición con respeito á pandemia, e que o fixeran adoitando unhas medidas tan restrictivas, e se a resposta foi desproporcionada se pode ser que houbera algún interese político en fomentar un shock global (no conceito de Naomi Klein).

Necesitamos garantías de que se valoran xustamente os riscos, de que unha situación semellante pode eventualmente xestionarse dun xeito máis adecuado no futuro, e que a toma de calquera medida privadora de liberdade está plenamente xustificada.

Consideramos necesario priorizar a prevención da saúde e garantir o benestar de todas as persoas. E neste sentido, dado que o equilibrio natural da fauna, a flora e os microbios é unha garantía natural de defensa ante este tipo de desastres faise necesario tamén defendermos o medio ambiente contra os proxectos industriais e o estrés do mesmo que levan aparellados (especialmente macrogranxas, piscifactorías, e proxectos que implican deforestación e emisión de gases do cambio climático). E desenvolvermos unha maior formación e actuación sobre os factores que diminúen a nosa saúde, sobre a contaminación química e electromagnética á que estamos expostas, sobre os factores de carácter social. Porque non é posíbel falar de saúde se non temos garantidas as nosas necesidades básicas.

Por isto e ante a crise económica que se precipita, consideramos urxente unha redistribución dos recursos, a despenalización da ocupación de inmobles baleiros, terras abandonadas e medios de producción; e o desenvolvemento de iniciativas que garantan o acceso a alimentos e coidados sanitarios para todas as persoas independentemente da súa situación administrativa, iniciativas que ademáis han de permanecer autónomas dos poderes políticos e económicos.

Consideramos que é necesario desenvolver canais de información e reflexión sobre a crise que permanezan á marxe tanto do Estado e das empresas, como de grupos afiliados a medios ou partidos políticos. Xa que semella que existe un grande interese en ondear a bandeira do medo -notabelmente desde certos sectores da dereita- para promover unha crítica forte ao goberno dirixida a facilitar o recambio na xestión do poder estatal e beneficiar a seus lobbies.

Non podemos deixarnos arrastrar pola tendencia a pensar que só se pode estar coa versión do goberno ou coa versión da extrema dereita. Non podemos permitir que a necesidade de información e perspectiva crítica sexan captadas por intereses partidistas ou por grupos xenófobos.

Vimos de vivire temos por diante- unha situación enormemente complexa. Na precisión e a independencia da nosa análise e dos medios que poñamos en marcha están as únicas garantías de que esta crise non vai vir de volta en contra dos intereses das maiorías que sustentamos o sistema.

ESIXAMOS TRANSPARENCIA POR PARTE DAS ADMINISTRACIÓNS

A INMUNIDADE CONSTRUÍMOLA ENTRE TODXS

AUTOORGANIZACIÓN, SOLIDARIEDADE E APOIO MUTUO

Coordenación pola Saúde e o Apoio Mutuo