DE QUE VAI ESTE BLOGUE?

Achamos necesario rachar co aillamento e desenvolver potencias comúns, xa mesmo para ser quen de garantir o benestar individual. Isto fai parte desa procura de afíns.

E tamén da necesidade de desenvolver ferramentas de análise e reflexión. Esta páxina é un caixonciño virtual, un modesto repositorio desde o que partillar materiais propios ou alleos. Reflexións e creacións gráficas e editoriais que se podan poñer en circulación sen pasar polo control das redes sociais.

Publicaremos e acolleremos principalmente creacións susceptíbeis de ser reproducidas no mundo físico, (alén dos datos). E dirixidas a axitar as reflexións das persoas que nos arrodean: a promover a resistencia, o decondicionamento e a deserción do sistema. Non teñen cabida materiais con sesgo machista, homófobo, españolista ou racista.

Para aportacións, colaboracións, etc: praxe[a]riseup.net